ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O antigo fenómeno devorador de audiencias continúa a ter éxito grazas a que soubo loitar intelixentemente contra o desgaste da fórmula mediante a especialización: de ser un programa con pretensións universais, xa saben, un experimento sociolóxico co mellor de cada casa, agora pasou a ser un espazo para fans capaces de seguir devotos as reviravoltas decretadas pola organización. Xuntar a xente durante tres meses nunha habitación xa non abondaba, e agora multiplícanse os lugares e as circunstancias, requirindo un fiel seguimento do programa para non se marear entre cambios de escenario e protagonistas. Eu hai tempo que desistín, porque sei de oposicións que se sacan con menos esforzo, pero si me decatei de que hai expectación pola posible eliminación dunha rapariga ben pillada dun canalla, con quen todo era frenesí sexual, agora mutado en pulsións asasinas derivadas dos ciumes, ou pola posible expulsión do matón en cuestión, quen tras dous meses entre catro paredes, non fai outra que cousa que berrar que non hai muller que o ate porque el é libre. Curiosa afirmación para un reo. Gran Hermano ten noite de expulsión en Telecinco.