“Gran Hotel” (Antena 3, 22:30 h.)

Programa: 
Televisión

Sabedores de que os ricos tamén choran, volveu a afección polos dramas da alta sociedade, un xénero que na novela esgotou Henry James, pero ao que se tenta volver de forma máis modesta na televisión. Trala estela do fenómeno “Downton Abbey”, Antena 3 presenta unha serie ambientada nun hotel de luxo, o primeiro en gozar de electricidade na España de comezos do século XX. En realidade, a trama conta as pesquisas dun mozo empregado como camareiro para descubrir o motivo da desaparición da súa irmá, polo que se cadra a “Gran Hotel” pódenselle buscar parentes máis próximos en películas como “Gosford Park” que mesturan crime e beautiful people. A recepción abre ás dez e media da noite.