ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un millón de amigos non oS tiña nin Roberto Carlos por moito que lles cantase. Abundan máis os gatos tristes e azuis. O que si existen son coñecidos, parentes ou, como din moi apropiadamente no inglés, relativos. Porque a amizade en internet é relativa, pasa a ser un rexistro moito máis lixeiro e degradado do agarimo e compromiso que se lle supón a iso que, exercendo o argumento de autoridade por repetición, entendemos por “amigo-amigo”. Xa que logo non padezan os lóbregos solitarios cunha conta de só dous díxitos de asociados no muro do Facebook. Aqueles que os multiplican por dez ou cen non teñen máis amor: só son máis extravertidos, saúdan e se relacionan cunha paixón pública e, da mesma maneira, van ampliando o catálogo de exhibición da xente que atopan (porque coñecer, non os coñecen, nin no sentido bíblico nin en calquera outro). Falemos daquela sen rubor de redes non sociais, mais si de exhibición, e cando no programa “La Nube” que La 2 emite ás once desta noite pregunten por “Amistad, amor y otros cibersentimientos”, conveñamos en que o pornográfico segue derrotando con moito ao sentimental en internet.