ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Eurovegas en Madrid é unha idea perturbadora alén do debate moral, político e económico sobre o investimento. Babilonia só había unha. Non van vir até aquí a pasear as súas barbas de Merlín os ZZTop para cantar “Viva Las Vegas”. Imaxino a Los del Río, o dúo que temos máis á man, compoñendo a oda oficiosa para a sucursal da cidade do pecado, ao igual que algún divo terá que comer as hamburguesas de Elvis e sacudir a pelve no deserto da Meseta para reproducir o impacto mítico das estrelas caídas á terra. Alguén dixo Julio Iglesias? E que pasará con todas as empresas de despedidas de solteiro de España, sometidas ao monopolio dunha megalópole disposta a concentrar máis partidas de cartas e puticlubs que os esparexidos á beira das estradas nacionais en Galicia? Quen vai asaltar os casinos como nos Once de Ocean: Clooney e Pitt ou El Duque e Hugo Silva? Moitas dúbidas razoables.
O programa “#laSextaColumna” formula outros problemas, como as turbias relacións do promotor de Eurovegas, Sheldon Adelson, coa mafia chinesa; as denuncias por suborno; o seu conservadorismo exacerbado; a fobia que lle profesa a partes iguais ao islamismo radical e aos sindicatos de traballadores... Todas estas consideracións serán sometidas a debate no especial “Síndrome Eurovegas: tropezar dos veces con el mismo ladrillo” que La Sexta emite dende as nove e media da noite e que propón o seguinte: o que pasa nas Vegas, fica nas Vegas... Incluídos os casinos, claro está.