ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Los Quien” é unha nova comedia seriada que conta a vida cotiá da primeira parella española que, no ano 1981, se acolleu ao dereito de escachar as alianzas feitas perante o altar e centos de convidados que remedaban de maneira moi doméstica o luxo dos Windsor. María Pujalte e Javier Cámara coñecerán como unha sociedade aínda pacata, na que nin sequera nacera Naranjito, e que confiaba en gañar o Mundial de Fútbol do ano vindeiro, do que ía ser anfitrioa, pode desprezar a unha familia disposta a rachar cos convencionalismos dun tempo no que cando se dicía “Palabra de Deus”, algúns tremían temerosos. Agora, que o barbudo do Antigo Testamento se atreva a pasar polo xulgado se quere remudar a lei humana. O divorcio primixenio, algo así como o pecado orixinal da sociedade post-franquista, cóntase por capítulos en Antena 3 a partir das dez e media desta noite.