“Padre Casares” (TVG, 22:15 h.)

Programa: 
Televisión

A única vila de maioría católica na que goberna un comunista volve situarse á beira do guerracivilismo polo novo enfrontamento entre o rexedor con rixidez no puño esquerdo, Delmiro, e o párroco de boina fácil, Don Crisanto, líder do partido PCAR. Desta volta, a grande baza do primeiro edil para repetir mandato pasa por unha manobra de especulación inmobiliaria que rite ti dos subterfuxios do Levante español. O discípulo de Mao, con tal de conseguir o favor do rabaño de Santo Antonio de Louredo está disposto a rifar unha leira no ceo entre aqueles que lle entreguen  o voto. Pouco hai de escándalo en prometer o ceo: faise todos os domingos en misa de 12 e dun tempo a esta parte no discurso baleiro no que os candidatos converteron o seu oficio: promesas, non feitos. “Padre Casares” volve estar en campaña a partir das dez e cuarto da noite na Televisión de Galicia.