“Palomitas” (Telecinco, 22 h.)

Programa: 
Televisión

Co nome de complemento tan evidente e ao tempo tan molesto para os puristas, José Corbacho resucita para a televisión a fórmula que lle valeu a súa máxima popularidade: a tortura escenificada de personaxes populares mediante a imitación paródica e, as máis das veces, sarcástica. Herdeiro directo de “Homo Zapping”, “Palomitas” supón a súa estrea en Telecinco e o cambio a un gran angular que lle permite abranguer non só os espazos de televisión, senón tamén o cine, facendo reinterpretacións que fascinarían a Bigas Luna como “Choni Woman”, algo así como La Juani meets Julia Roberts. Corbacho e a xusta corrección política volven para rirse con e do gremio co ego máis sensible en “Palomitas”, que comeza ás dez da noite.