“Piratas del Caribe: en el Fin del Mundo” (Cuatro, 22.30 h.)

Programa: 
Televisión
Pero dicía que o asunto non era único. A unha atracción de feira consagrou Nacho Vigalondo unha das súas curtametraxes máis celebradas, “Choque”, que rodou logo de ser nominado ao Oscar. Nela a acción desenvólvese arredor dos coches de feira. E tras todo isto, eu xa non sei se, se cadra, no Saltamontes, ou no Carrusel das Cadeas, ou no Gusano Loco está o xermolo dos “Irmáns Karamazov”ou de “Casablanca”. 
O punto de partida de “Piratas del Caribe” é unha parvada, e de momentos insubstanciais está chea a triloxía orixinal de longametraxes, reiniciada cun cambio de orde, do anglo ao latino, artellado grazas á substitución de Keira Nightley por Penélope Cruz. Con todo, hai raptos de entretemento e pura comedia física nese polimorfo e perverso pirata imaxinado por Jhonny Depp, con moito o mellor destas aventuras. Cuatro rescata para esta noite o terceiro dos filmes, subtitulado “En el Fin de Mundo”, que resulta que está máis preto de Singapur que de Fisterra. Emítese ás dez e media da noite.