“Tourilandia: Heredeiros da Crus” (TVG, 22:10 h.)

Programa: 
Televisión

Acotío intelectualizamos demasiado as cancións, esgotando o gozo salvaxe e despreocupado da música. Situámonos no estremo oposto cando saltamos ao ritmo do “Ayatollah” de Siniestro Total ou do “Vaiche boa” de Heredeiros da Crus. A lembranza xuvenil e festeira desas cancións fai que o público aínda reclame aos seus intérpretes e xa non pense en se quere ser Emilio Cao ou David Watts. Siniesto nunca marchou de todo e os de Tonhito de Poi veñen de prender novamente o facho que tomaran no seu día das mans dos pais punkarras. O grupo de Ribeira confirma a súa resurrección en santa cerimonia oficiada esta noite en Tourilandia, que se emite na TVG dez minutos despois das dez da noite.