ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Bautizado baixo o alcume de “reality morriñento”, é a responsable de inauguralo a cantante Lolita. No caso da filla da Faraona, a súa pirámide de mocidade (ou se cadra sería máis xeitoso dicir “o seu Xanadú”) foi Marbella, e dentro da vila malagueña a finca Los Gitanillos, onde veraneaba a folclórica familia até que as leas de Lola Flores coa xustiza os deixaron sen recreo na meca da farándula. Entre as súas visitas para o percorrido polas pantasmas dos anos pasados haberá reencontros cos seus amigos de festa Los Chorys e tamén unha visita á célebre Igrexa da Encarnación onde Lolita e Guillermo Furiase casaron tras abrirse paso entre un mar de xente que a matriarca, como Moisés, tentaba partir en dous ao grito de “¡Irse, si me quereis irse!”.
Tempos aqueles de Marbella, os pretéritos ao Pantojismo e a súa conversión nun chusquero Corral da Pacheca do desfalco municipal. O glamur da cidade apenas se reflicte na sempiterna calva de Luis Ortiz disimulada entre os catro pelos que a cubrían, humillados pola melena valkírica de Gunilla Von Bismarck. Tempos eran os do Xanadú de Lolita que hoxe revisita en “Volver con”, que debuta en La Primera ás once e media da noite.