ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A pura raza galega estivo a piques de extinguirse, pero afortunadamente hai uns 15 anos a Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia tomou cartas no asunto e empezou un traballo de recuperación, que agora comeza a dar os seus froitos.
As virtudes do cabalo
Ungulado imparidixitigrado. Ese é o nome científico, caseque impronunciable, do mamífero herbívoro e granívoro que é o cabalo. A docilidade, forza e velocidade do cabalo convertíronno nun gran auxiliar da humanidade dende tempos inmemoriais.
Ademais as súas formas armoniosas combinan axilidade e potencia. As patas largas e finas, pero con fortes músculos, permiten que o cabalo sexa un excelente corredor e un gran saltador. Marcha, trota ou gallopa pero tocando o chan só cos cascos.
O cabalo, polo seu fino oido, o olfato desenvolvido e a gran sensibilidade táctil, advirte o máis pequeno perigo. Foxe dos seus nemigos mediante unha rápida fuga. Se é atacado, o cabalo traba e tira fortes couces. O cabalo destaca ademais pola súa grande memoria. Os equinos dómanse máis con caricias que con paus. Lembran durante moito tempo a aquela persoa que lles pega. Posuen máis memoria que intelixencia.