Combinación de natación, ximnasia e danza

Programa: 
A Bancada

Pregase as persoas asistentes a entrega dun litro de leite ou dun envase de alimentos non perecedeiros. Haberá música, baile, ilusión e solidaridade. O domingo ás cinco da tarde na piscina de Caranza. Organiza o club Sincro Ferrol.

Unha das disciplinas deportivas máis espectaculares e máis completas. Así podemos considerar a natación sincronizada. Un deporte que consiste en realizar impresionantes exercicios sobre e baixo a auga. En Galicia a súa práctica aínda é minoritaria, pero gaña pouco a pouco adeptos.

A natación sincronizada combina natación,ximnasia e danza. Realizanse na auga unha serie de movementos elaborados ao ritmo da música. Este deporte demanda grandes habilidades acuáticas e require de resistencia física e flexibilidade, gracia, arte e precisión o uso do tempo, así como un excepcional control da apnea baixo a auga.