Con Lapis e papel arranca o curso na Escola de Arquitectura

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

Esta exposición busca iniciar un diálogo cos estudantes de Arquitectura e cos habitantes da cidade en que se traballou. Neste sentido, o obradoiro foi o punto de partida para constituír un exercicio de reflexión crítica arredor do debuxo a man alzada como ferramenta de análise e proxecto a escala urbana.

Ao longo de seis sesións leváronse a cabo cinco relatorios e outros tantos exercicios prácticos centrados no barrio coruñés da Pescadería. A primeira fase do traballo xirou arredor da análise urbana, mentres que a segunda fase centrouse no desenvolvemento dunha proposta para unha zona concreta da área de estudo.

En ambos os dous cometidos, as únicas ferramentas empregadas foron o lapis e o papel. O obradoiro concluíu co esbozo dun diagnóstico conxunto para a área da Pescadería.