A confianza de Desenclós

Programa: 
A Bancada

O defensa central procedente do Inter de Milán indica que calquera xogador se resinte dun parón de xogo. Desenclós quere xogar e aproveitar as oportunidades.

O adestrador Michel Alonso reiterou esta mañá a súa mensaxe de optimismo. Debemos continuar coas cousas boas que fixemos o mércores en Sestao.

Lamatina e Kamal amosaron esta mañá molestias musculares e haberá que agardar ata o adestramento de mañá sábado, para saber se poden saltar ao campo. O Racing de Ferrol xogará contra o Real Sociedad B este domingo no estadio da Malata. O partido principiará ás cinco da tarde. Non xogará Sanjulián que cumpre un partido por sanción. O técnico recupera a David Franch e a Llamas que non xogaron a pasada xornada por acumulación de cartóns.