"Copa do Rei: Barcelona-Espanyol" (Telecinco, 21.30 h.)

Programa: 
Televisión

Non fan os culés exercicios manieristas, de moita forma e pouca substancia, como outros equipos que foron célebres, e nun exercicio de malicia os deportivistas sempre nos lembramos dos veciños celestes e a súa vitrina de trofeos, máis orfa que o escaparate dunha xoieiría recén asaltada. A dificultade de convencer no fútbol está en que fagas o que fagas, antes que nada tés que gañar. E de como gaña o Barça xa se deron por notificados case que todos os equipos da Liga durante a primeira volta na que a maioría deles padeceron un revolcón no marcador.

Fan os blaugrana unha cousa moi difícil e que propón outro debate case filosófic: defenden e atacan ao mesmo tempo. E por se isto non fose dabondo, polo medio anda Lionel Messi, que é algo moi serio. Ás nove e media os cuartos de final da Copa do Rei enfrontan ao Barcelona e ao Espanyol nun partido que retransmite Telecinco.