Defender o galego non é unha inxuria

Programa: 
Músicas e Letras

O xuiz Fraga Mandián tamén denunciou ao presidente d'A Mesa Carlos Callón, por afear a súa defensa do topónimo ilegal "La Coruña". Esa organización reclamaba a obriga dos servizos públicos da utilización do topónimo legal A Coruña, por riba de opinións particulares.

 

Máis reveses xudiciais

Non é o primeiro revés legal para Antonio Fraga Mandián, xa que no pasado mes de xaneiro, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ditou unha resolución na que ordena demoler os dous bungalows e a piscina construídos sen licenza e en chan rústico pola familia de Fraga Mandián, na localidade coruñesa de Paderne. A decisión chega por mor dos dous expedientes abertos por Política Territorial e Medio Ambiente en 2009l.

O 26 de xaneiro de 2010, a propia APLU xa resolveu que as obras, a nome da nai do maxistrado, eran ilegablizables  e incompatibles co ordenamento urbanístico. A pesar diso, a familia do xuíz decano decidiu recorrer, como declarou o propio Fraga Mandián ao Xornal de Galicia. "O expediente fai referencia a dous galpóns que utilizamos para que os rapaces se cambien e para gardar o cortacésped, en ningún caso teñen uso residencial", aseguraba.