As depresións da rapazada

Programa: 
Vilanova

En ASPANEPS (Asociación de pais de nenos con problemas psicosociais) están moi atareados, porque cada vez lles chegan máis pequenos con problemas. Preocúpalles o número, pero tamén o tipo de doenzas psíquicas coas que se deben enfrontar. Os problemas de comportamento seguen sendo os máis numerosos, pero cada vez enfróntanse a máis menores con medos, ansiedade ou depresión. De feito, nos últimos meses disparáronse as consultas de nenos tristes e tamén as de outros padecimentos similares.