Dolores Redondo: “Amaia Salazar descubre a razón dos medos do val de Baztán”

Programa: 
Músicas e Letras

“Crieime no porto de Pasaia, nunha paisaxe moi similar á costa galega, e a miña avoa contábame historias que ainda continuan bastante vivas” indica a escritora, neta de galegos. “Os mariñeiros estaban fora de casa boa parte do ano, e as mulleres tiñan que ser fortes, apoiarse unhas noutras, para solventar situacións” salienta a novelista. “As historias de bruxas, aparecidos e os mortos nos cruceiros forman parte da miña infancia e ese relato segue vivo e o debemos recuperar con agarimo”. “Non son moi partidaria de presentar un crime de escabechina, de figado e sangue por todas partes, o meu interese vai para pescudar as razóns das vítimas” precisa Dolores Redondo.

A triloxia do Baztán

“Ofrenda á tormenta” é a terceira entrega da triloxía do Baztán. Dolores Redondo, neta de galegos, convertiuse nunha voz de referencia no mundo da novela negra, despois de vender máis de 100.000 exemplares dos libros “O gardián invisible” e “Legado nos ósos”. A novelista indica que axiña haberá noticias sobre a versión cinematográfica de “O gardián invisible”. Os produtores de Millenium Peter Nadermann e Soren Staermose adquiriron os dereitos en 2013 e a rodaxe podería comezar en breve.