As donas da Liga

Programa: 
A Bancada

Os goles foron de Rebe (3), Celtia (2) e Carol (2). Esta última detenta o "pichichi" con 22 goles de momento e Rebe está pisándolle os talóns, con 18. Sobre un campo pesado no que custaba mover a pelota, xogaron Maniños e Discalzas, un moi bo equipo, no entender o técnico do Maniños, Fernando Aneiros, co que hoxe analizamos o encontro.

O próximo sabado 20 de xaneiro, ás 16,45h xoga o Maniños feminino no campo do Poblado, fronte ás rapazas do C.D. As Pontes.

O Perlío chegou séptimo ao final da primeira volta, despois de descansar a pasada fin de semana. Retoma a Liga feminina tamén o sabado 20 ás 17,30h. na Pedreira, no enfrontamento co Mugardos.