Edicións do Cumio recupera a cultura do baile en “Zampadanzas do mundo. Danzas á carta”

Programa: 
Músicas e Letras

Como o movemento é difícil de explicar, segundo asegurou en Radiofusión Mercedes Prieto, encargáronlle a Serxio Cobos a realización das ilustracións que acompañan os textos nos que se describe cada danza e que comezan cunha pequena introdución que contextualiza o baile. As cancións recóllense nun CD, que ademais contén unha pista de vídeo coas coreografías.

Zampadanzas do mundo. Danzas á carta pretende achegar material didáctico aos profesores de primaria e secundaria, así como a todos os afeccionados ao baile e ás músicas do mundo. Mercedes Prieto quere que a sociedade recupere a súa cultura bailarina, xa que, segundo asegura, non se danza nin nos festexos.