A educación pertence a todas as idades e facetas da vida

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

A Aula Castelao, que lle dá abeiro a un colectivo de ensinantes, coida que este ano resulta especialmente axeitado dedicar a Semana da Filosofía á Educación. A súa vicepresidenta, Olga Aguiar quíxose referir ás polémicas verbo do ensino en galego, que considera artificiais, animadas por intereses partidistas e afastadas do contexto educativo real en Galicia.