Entornos paradisíacos no río Belelle

Programa: 
A Bancada

O primeiro avituallamento localízase no Xasén, para logo camiñar pola Ponte do Ramalludo, Muiño, Barreiro e igrexa de Santa María de Cabalar. En Río Cuberto a organización repartirá laranxas de Alicante, doadas por “Taronges de la Caseta”. Poderán contemplar a maxestuosa fervenza, antes dun novo avituallamento no muiño da Barcia da sociedade Viriato. Xa para rematar no Centro Cívico de Neda, o Concello dispoñerá de duchas e duns petiscos con pan de Neda.