A Feira do Cocido de Lalín busca en Madrid o recoñecemento Internacional.

Programa: 
Comer en Galicia

Lalín celebra o domingo 23 de febreiro a 46a edición da "Feira do Cocido", unha das catro festas gastronómicas a nivel nacional que ostentan a distinción de "Festas de Interese Turístico Nacional" e a segunda festa en obtela.
Cunha ampla traxectoria na difusión internacional, esta Feira gastronómica galega optará no ano 2015 a ser a primeira española en optar ao recoñecemento internacional.

Lalín homenaxea na súa feira ao prato rei da gastronomía do interior galego, o cocido, no que se amalgaman os mellores produtos da cabana gandeira e da horta galega. Ao redor desta feira, que se presentará o 28 de xaneiro ás 12,30h na Casa de Galicia,
celébranse preto dunha trintena de actos (Pregón, Matanza Tradicional do Porco, Encomenda do Cocido, Premios de Gastronomía de Galicia, Concurso de tapas, etc) nos que a gastronomía, os produtos de primeira calidade do agro galego, a cultura, o deporte mestúranse nun compendio de tradición e modernidade que animan o inverno galego.

O dia 29 celebrarase o acto de ropesentación dos cociñeiros lalinenses en Madrid Fusión, no Palacio Municipal de Congresos Campo das Nacións. Na caseta Turismo Rías Baixas, ás 14.00h.