Foggy Mental Breakdown, Born a Lion, Skarmento e Los Chavales no Rock en Costa

Programa: 
Músicas e Letras

Os rockeiros viguses Foggy Mental Breakdown son unha das bandas máis emblemáticas de Galicia nos 90 e reúnese agora cun repertorio que inclúe temas de toda a súa carreira, desde o seu primeiro EP editado no 1995 ata as súas últimas composicións, datadas no 2004.

O novo disco dos Born a Lion, Bluezebu, fala sobre a vida dunha banda de rock na estrada e será presentado ao público de Compostela no Castiñeiriño. Skarmento, que comezaron no ano 2000 con concertos en Galicia acabaron cruzando fronteiras e agora, cun novo disco que saíu no verán de 2009, pensan xa na posibilidade dunha nova xira europea.

Pola súa banda, Los Chavales, habituais da escena musical compostelá, xuntáronse en marzo de 2009 coa intención de montar un grupo de versións de pop español dos anos sesenta co que conformaron un repertorio de 25 cancións clásicas.