Gañamos en ilusión, afirma Lucía Lago

Programa: 
A Bancada

Moitas xogadoras novas e un adestrador novo. Comezou así a competición o equipo de baloncesto feminino de Ferrol e por iso necesitou coñecerse para gañar en ilusión. Así chegamos a onde estamos, segundo afirma Lucía Lago.

Outra das xogadoras Iria Villar, califica como desastroso o comezo de Liga. Por iso, é ainda máis valiosa a súa cuarta posición da actualidade. Non pensábamos chegar tan lonxe, manifesta Iria.