ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Plan foi definido pola conselleira como un documento de consenso e de traballo conxunto entre a Xunta e os diferentes axentes sociais, ademais de sinalar que o Plan é “flexible e aberto á introdución de novas medidas que dean resposta ás necesidades que poidan xurdir”.
O proxecto, que conta con preto de 300 medidas e 38 obxectivos específicos, divídese en dez áreas de actuación: protección dos dereitos, igualdade de xénero e transversalidade, accesibilidade, promoción da autonomía persoal, educación, formación e emprego, recursos no ámbito dos servizos sociais, saúde e atención sociosanitaria, atención temperá, e cultura, deporte e tempo de lecer. As áreas cun maior peso porcentual en número de actuacións son as de accesibilidade, formación e emprego e promoción da autonomía persoal.
En relación ao publicado no Ditame do Observatorio da Dependencia, a conselleira asegurou que o Goberno central transferiu a Galicia este ano para a aplicación da Lei de Dependencia un total de 98 millóns de euros, fronte aos 123 millóns que indica dito informe. Mato afirmou que este non inclúe a tramitación de todos os gastos e que o Goberno central non está cumprindo cos dependentes galegos, xa que a Xunta achega preto do 70% da inversión desta Lei en Galicia.