Galicia, ese país portátil de emigrantes e náufragos

Programa: 
Músicas e Letras

Na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (Mëxico) en 2009, Manuel Rivas falou da diáspora como a ponte que uniu Galicia con México.O autor explicou que grazas á diáspora galega, unha das comunidades máis numerosas en México, xa existe unha especie de ponte cultural". O escritor autor de "Os libros arden mal" presentou o seu poemario A desaparición da neve, publicado en castelán, galego, eúscaro e catalán. Tamén ofreceu un par de recitais e falou da literatura con alumnos de bacharelato.