Gema Barrientos corre os 800 metros lisos en Valencia e Sevilla

Programa: 
A Bancada

Xa o domingo Gema correrá tamén os 800 metros lisos, fora de concurso, no campeonato de Andalucia absoluto en pista cuberta que se celebrará no Pazo dos Deportes de San Pablo en Sevilla. Tamén participará nese certame nos 400 metros lisos a atleta do Ria Beatriz Bachero.

 

Ademáis un total de 53 atletas do club ferrolán acudirán aos campeonatos de cross nas diferentes categorias que se celebran este domingo no circuito de Monterrei en Ourense. Con anterioridade o sábado celébrase na pista de atletismo da Malata un control federado de marcas eléctricas. O mesmo dia a atleta do Ria Ana Alexandra Pires participa na proba de lanzamento de xabalina que se celebrará no estadio Vieira de Carvalho en Maia (Portugal).  Pola súa banda Jennifer Torres en triple salto e Lucia Ferreiro en salto con pértiga, participarán  no terceiro control autonómico absoluto en pista cuberta que se realiza en Valladolid.