ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Así comezan os directos en discotecas, radios e festas. Ese mesmo ano, en 1968 preséntanse ao concurso “El Micrófono de Ouro” que se celebra en Lugo. Despois de sucesivas eliminatorias, conseguen o “Micrófono de Ouro” ao mellor grupo do Festival e o “Micrófono de Prata” ao mellor grupo instrumental. Este sería o trampolín que os levou a firmar contrato coa discográfica Belter de Barcelona.
Ao trío formado por Alberto Morano, Germán Peñalver e Xoán Piñón únese Jesús Santos Casal “Chapa” no baixo eléctrico. Os premios “Micrófono de Ouro” tamén supoñen a colaboración de Generación 49 co Ballet Galego Rey de Viana da Coruña, xunto a eles realizan varias actuacións en Ferrol, no Pazo de Oca, en Vigo e O Berbés poñendo música aos seu espectáculo de danza. Non obstante, a idiosincrasia do grupo non conectou ben coa disciplina do ballet, polo que ambas partes deciden non continuar.
De man do selo Belter, o cuarteto viaxa ata Barcelona para gravar tres discos, dos que só chegaría a editarse o primeiro. Previa sesión fotográfica no parque de Montjuic e un adianto de 4.000 pesetas a descontar da venda dos Eps, prepáranlles no estudo de gravación un órgano Hammond, Unha Gibson 335, un baixo Burns e unha batería Premier. Coa presión lóxica para uns rapaces de 17 a 20 anos gravan todos á vez repetindo os temas ata que quedan ben. O resultado foi un Ep cun son de boa calidade que faría historia: Generación 49 del Ballet Gallego.
Un traballo pioneiro en Galicia do que Belter tan só edita 500 copias e no que se inclúen catro cancións de autores galegos, cuxa espiña dorsal é o órgano Hammond. Algúns dos temas son “Poema da Chispa” de Rodrigo Alfredo de Santiago e “La Alfonsina” de Canuto Berea, unha muiñeira sinfónica dedicada ao Príncipe Don Alfonso. Outra das mostras é “O Espantallo”, composta por Inzenga e Rodrigo Alfredo de Santiago.
Finalmente, en 1969 as obrigas do servizo militar e diversos problemas familiares fan que o grupo desapareza definitivamente.