ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O éxito da nai de todos os ‘realities’ depende do casting e do impúdicos que resulten os participantes escollidos. Iso é o que diferenza unha edición gloriosa dunha pasable. Cumpríronse dez episodios xa e o modelo orixinal segue sen ter competencia, mais memorables, memorables, so foron un feixe das convocatorias. Para os anuarios catódicos fican a edición orixinal; unha por aí perdida polo medio que foi abundante en rifas con Kiko á cabeza; outra da que saíron moitos ‘interviús’; e, a miña favorita, na que un ‘maquiavelo’ chamado Pepe cun acompañante cubano, de nome Dayron, manipulou ao resto de concursantes cun plan mestre que ríome eu da fuga de Tim Robbins en “Cadena Perpetua”. O deste ano foi un concurso discreto, no que chegan á decisión final un amago de Tom Cruise con exceso de ‘profidén’ e a estrana parella fomada por un tipo de dous metros e unha rapaza de metro trinta de estatura que demostraron que o fol de veleno, o mesmo dá grande que pequeno.
O caso é que, para combater a irregularidade de cada edición, a presentadora do show, Mercedes Milá, pensou en que o espectáculo debe continuar e agora ela é xa parte capital do circo, dándolle cada novo ano un xiro máis a un parafuso que xa hai tempo que está pasado de voltas. O que gañe o gran premio da final desta noite estará contento, pero a excitación pura e dura ninguén lle vai a gañar á Milá. Mexemos nas bañeiras esta noite á saúde do GH10, que principia ás nove e media en Telecinco.