As grandes variantes do humor galego

Programa: 
A Bancada

A sorna é a maneira intencionadamente retrasada de dicir as cousas. É un xeito indirecto de loita. Ten intención de atacar.

A retranca é unha rebeldía cortés consistente en dicir o que un quere, e non o que os outros esperan que un diga.

A rexouba é un tipo de humor claramente expansivo, mesmo ofensivo no mellor sentido da palabra, xoga coa burla e a exaltación.

Trasacordo, caracterizado por se desdicir do dito ou mudar de opinión

Retrónica son ditos aparentemente intrascendentes pero moi agudos.

Humor, tristeza e alegría

“Se idealizamos unha situación do pasado, é moi dificil comparala de xeito positivo co estado actual” salienta o psicólogo José Barcia quen destaca que a nosa felicidade, ademáis de por causas obxectivas, tamén está condicionada pola nosa percepción.
Que é a tristeza? A alegría? A satisfacción? España sitúase por riba da media do OCDE nos indicadores de benestar que miden a seguridade, o medio ambiente, a saúde ou as conexións sociais, segundo o informe As facetas do benestar: unha aproximación multidimensional á calidade de vida en España e as súas comunidades autónomas 2006-2015, elaborado pola Fundación BBVA. Pero, que é benestar?
Este dossier, que mide o impacto negativo que ten a crise económica no benestar, destaca que Galicia é a comunidade autónoma menos satisfeita coa vida, cunha puntuación de 6,1 sobre 10. Mentres Baleares ou Navarra son as mellor situadas no ranking por comunidades, con 7,3 e 7,2 respectivamente.