Hoxe é o April fools ou dia da mentira

Programa: 
Sonsdenós

Hai varias explicacións sobre a orixe deste costume, pero a máis convincente se remonta a 1564. Nesa época o rei Carlos IX de Francia decreta a adopción do calendario gregoriano. Ata ese momento, os franceses celebraban o inicio do ano o 1 de abril. Os opositores ao cambio seguiron  festexando o novo ano a comezos de abril, e os máis bromistas decidiron ridiculizalos entregando agasallos absurdos e convidando a festas inexistentes. Así podería ter nacido a tradición de facer trasnadas o 1 de abril.