Ilusión e traballo

Programa: 
A Bancada

O xogo estivo equilibrado no centro do campo e houbo unhas catro ou cinco chegadas por ambas partes pero o equipo fenés controlou en todo momento as fortalezas do Capela, en palabras do técnico. Os goles foron obra de Cris e Sofía. Na próxima xornada o Perlío visita ao Racing de Ferrol que non ofrece esta tempada grandes novidades no seu xogo. O Perlío enfróntase a novas xogadoras sempre boas tecnicamente. Seguir traballando así e coa mesma ilusión coa que arrincaron esta nova tempada é o único que pide Jorge Bello ás súas xogadoras.