ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Deste xogo ímos destacar as principais características, que son o apartado gráfico, a xogabilidade, o son e o máis importante, o entretemento. Este xogo é do tipo sandbox. Este tipo de xogos veñen caracterizados porque neles podese circular libremente por mundo aberto e soen ser bastante entretidos para o xogador. O protagonista de Infamous 2 chámase Cole MacGrath, un xoven que ten poderes eléctricos conseguidos tras unha explosión. Este xogo segue as bases do seu predecesor pero con moitas novidades. O protagonista realiza movementos de parkour para trepar edificios ou saltar obstaculos que nos recordan aos movementos da saga Assassin´s Creed. O obxectivo que debemos acadar neste videoxogo é derrotar á Bestia, un ser que asola as cidades destrozaandoas ao seu paso. Temos como nova arma o amplificador, que engade máis posibilidades ao combate físico deixando máis de lado as mortes a longas distancias. No que se refire ás misións hainas de dous tipos: As principais, que son as que debemos superar para poder chegar ao combate final contra a Bestias, e as secundarias que son misións que nos darán puntos positivos (de boa persoa) ou puntos negativos (de mala persoa). No abano de misións secundarias podemos atopar dende revivir a civís ata evitar roubos ou secuestros, pasando por carreiras nos tellados. Pero sen dubída a grande novidade que se pode destacar neste título e o editor de misións que aumenta notoriamente a duración e o entretemento. Outro dato importante é o karma. Ás misións poderan superarse de duas formas unha negativa e outra positiva e segundo tomemos unha opción ou outra, cambiarán totalmente os poderes e outras caracteristicas que irá adquirindo Cole. O equilibrio entre acción, plataformas, exploración e minixogos está bastante igualado. Hai que remarcar en especial o salto de calidade gráfica de Infamous 2 respecto ó primero. Non esperábamos unha evolución similar a estas alturas, no 2011. A nivel técnico e artístico, chegouse ao extremo de que agora estamos ante o mellor xogo de mundo aberto más detallado e sólido visto en consola. Os gráficos, que inspirados por así dicilo no colorido e estilo da saga de Naughty Dog –en especial nas personaxes- rivalizan cos de Uncharted 2 en canto ás personaxes, aínda que nos escenarios encontramos de todo un pouco dependendo da zona, como é lóxico. As localizacións de pantanos e edificios clave da cidade son impresionantes, pero outras partes son algo menos chamativas; problemas que, tratándose duhna cidade aberta, enténdense. A nivel sonoro, o xogo volve contar cunha banda sonora bastante ecléctica e de difícil catalogación, pero de moi boa calidade. Aparece cando se necesita, polo que gran parte do tempo sonarán simplemente os sons propios das rúas, dos nosos pasos ou do balbordo da xente. As voces dobladas ó castelán son realmente boas.
O que obtemos ao remate é un xogo realmente bo, con algún aspecto mellorable, como as diferenciacións entre o karma, bastante profundo, cunha boa duración, interés por xogalo alomenos unha segunda vez e un editor de misións que fará as delicias dos mais creativos. Pero eso sí, tede coidado de non electrocutarvos cando o xoguedes, xa que é un xogo de alta voltaxe.