ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O proxecto Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués pretende integrar nun único banco de datos informático materiais lexicográficos con referenciación xeográfica procedentes de distintas fontes: corpora obtidos en traballos de campo, materiais dispersos en obras dialectais ou vocabularios de falas, entre outros. Moitos destes materiais están inéditos e por iso son dificilmente accesibles para a comunidade científica.
No proxecto internacional Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, que promoven e coordinan investigadores do ILG, colaboran expertos de dúas universidades portugueses (Universidade de Lisboa e Universidade de Coimbra) e de trece brasileiras (Federal do Rio de Janeiro, Estadual de São Paulo, Bandeirante de São Paulo, Federal de Mato Grosso do Sul, Federal de Mato Grosso, Estadual de Londrina, Federal de Santa Catarina, Estadual do Ceará, Federal da Paraíba, do Estado do Rio Grande do Norte, Federal do Maranhão, Federal do Piauí e a Federal do Pará). A coordinadora xeral do proxecto é a profesora da USC e directora do ILG Rosario Álvarez. Os tres equipos participantes están coordinados por João Saramago (Centro de Lingüística da Universidade de Lisboa), Silvia Figueiredo Brandão (Universidade Federal do Rio de Janeiro) e Xulio Sousa (ILG-USC.).