ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A iluminación representa a quinta parte do consumo eléctrico dun fogar. As lámpadas tradicionais, as de filamento, considéranse ineficientes porque desperdician parte da enerxía que utilizan: só converten en luz o 15 por cento da electricidade que consomen, o resto é calor. Pola contra, os dispositivos de baixo consumo xeran a mesma iluminación cun 80% menos de gasto eléctrico e, ademais, duran entre 6 e 8 veces máis que as lámpadas incandescentes.
En canto aos electrodomésticos, hai pequenos trucos de uso que poden supor un importante aforro. Por exemplo, non introducir alimentos quentes no frigorífico ou no conxelador, utilizar cazos de maior tamaño que as placas da cociña eléctrica ou cociñar con potas a presión. Pero, sobre todo, o máis produtivo é apostar polos aparellos eficientes.