La Familia estrean “Esto es normal” no Iguana Club de Vigo

Programa: 
Músicas e Letras

Alex Penido na batería, Carlos Gil no baixo, Juan Patiño nos teclados e o citado Santi Araújo conforman La Familia. No seu debut ofrécennos 11 cortes eminentemente pop, con algún toque folk e momentos guitarreiros.

Esto es normal foi gravado e producido polo propio grupo no estudio caseiro de Carlos Gil, xa que segundo Araújo “queriamos gravalo con calma, sen presións de tempo”. O álbum contou tamén con algunha colaboración: Nollie The Lonely (teclado), Óscar Presa (trombón), Carla Álvarez (coros), David Fernández (trompeta) e Rubén (mandolina).

La Familia, ademais de actuar mañá en Vigo, presentará Esto es normal o 21 deste mes en Madrid (Sala Costello), o 22 en Barcelona (Sala Sidecar) e o 29 volverán a Galicia, á Sala Mardi Gras da Coruña.