La Troba Kung-Fú volve a Galicia con ganas de festa

Programa: 
Músicas e Letras

A la panxa del bou é un álbum composto por 10 cortes, aos que hai que sumar tres bonus track. Ritmos alegres e bailables como o corrido mexicano “Yo voy”, o reggae de “Take your time” ou a melódica “Flor de primavera”. Unha mestura de catalán, inglés e castelán, que xa recibiu o beneplácito do público europeo e o que os converte en referente das “world music”.