Lamberse as feridas

Programa: 
A Bancada

Unha derrota dura recibiu o Cultural Maniños no encontro da Primeira Galicia de fútbol, pero a pesar do abultado resultado o equipo local resistiu ben as embestidas do Victoria na primeira parte. O conxunto branco sufriu moitas baixas por lesións e completou a convocatoria con tres xogadores do xuvenil. “Non nos imos queixar, o fútbol é así, un deporte de contacto e todos os participantes na competición padecen nun momento ou outro lesións. Seguiremos pelexando para manter a categoría mentras sexa matematicamente posible” afirma o directivo do Maniños Alfredo Fernández.