Liorna recupera o son dos seus inicios en “Sarahyba”

Programa: 
Músicas e Letras

Os outros oito temas de Sarahyba foron gravados e mesturados nos estudios Savik Sound de Caritel (Pontevedra) e neles atopamos a colaboración do cantautor brasileiro Gustavo Almeida e da violinista Begoña Riobó.

En canto ás letras, o seu compositor, o gaiteiro, teclista e frautista de Liorna, Alberto Lago, non puido escapar á actualidade e, de feito, a canción que abre e dá título ao álbum,“Sarahyba”, trata sobre o que sente unha muller que leva un burka. “Desde fóra só lle vemos os ollos pero non podemos ver a súa dor”, comentou en Radiofusión Lago.

A banda

Liorna son, ademais de Alberto Lago, Tito Maquieira (guitarra), Monste Ogando (voz, piano e percusións), Javier Rabanal (baixo), Carlos Lago (batería), Luís Lago (percusións) e Xaime Rebollo (zanfona e saxo soprano).

Actuacións

Despois de estrear Sarahyba na súa vila, en Marín, Liorna actúan ás dez da noite de mañá sábado, 18 de xuño, na Praza da Chouza de Combarro (Poio) e unha semana despois, o 25, darán de novo un concerto no seu concello, na Festa da Xuventude de Ardán.