ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Álvaro Santos salientou que este tipo de eventos son “fundamentais” para incentivar o sector artesanal, “ un sector punteiro para a economía lucense como é a artesanía para xerar riqueza” e que “este é un dos traballos máis complexos e por desgraza, dos que máis esta a sufrir nestes tempos de crise” valorou Santos.
A Alcaldesa non quixo deixar pasar a oportunidade sen agradecerlle a Deputación “ por toda a colaboración ofrecida, tanto en medios materiais, como económicos e humanos, sen os que non sería posible facer esta feira, que pon O Incio no mapa e que da a coñecer o noso comercio local, con produtos artesanais e de calidade”
Programación da Feira
A V Feira de Artesanía e Etnografía do Incio é un evento no que se reivindica o papel dos traballos artesanais, un dos oficios con máis peso na provincia lucense. A xornada abre as súas portas ás 11:30 horas da maña con postos de artesanía, etnografía e alimentación entre outros. Ó longo da maña, poderase participar das representacións de oficios tradicionais como poden ser a cestaría, o traballo da madeira, da lá ou da pedra. Tamén hai un espazo reservado na sala multiusos do Concello onde haberá unha exposición de traxes tradicionais a cargo do Centro de Artesanía; ademáis haberá unha exposición de madeira, cestas e instrumentos musicais entre outros cedidos tamén polo CENRTAD. De seguido está preparada unha demostración de traballos forestais con motoserra como as podas en altura, a talla de figuras ou a corta de árbores.
Ás 12:00 horas, teñen programado un pasarrúas cos gaiteiros do Incio. Ó remate dará comezo o xantar típico galego. Pola tarde, ás 16:30 horas os máis picariños poderán aprender como é o traballo da cestaría da man dun obradoiro deseñado para os eles. Ás 17:00 dará comezo espectáculo A.M.E.N do Padre Merino na praza do Incio. Posteriormente, sobre as 18:30 horas arrancará a exhibición de agility da man da Asociación Canina A Esmorga.
Por último, ás 20:00 horas actuará Paco da Ferrería e haberá tamén un concurso de baile. Unha hora despois, o evento darase por finalizado coa entrega de premios onde se sortearán 3 vales de 100 euros cada un e que se poderán utilizar en calquera establecemento do Incio. O sorteo dos vales celebrarase entre todas as persoas que se acheguen o vindeiro día 1 ata a Feira do Incio.