Medalla de Oro para o Martín Códax Lías 2006

Programa: 
Comer en Galicia

Durante a súa intervención no acto de proclamación dos ganadores, Jesús Guirau, director de Inferial, entidade organizadora de CINVE 2008, destacou que o xurado, formado por 42 catadores e expertos internacionais procedentes de 22 países, “quedaron gratamente sorprendidos pola calidade dos viños participantes na presente edición”.

Non en balde, o secretario xeral da Federación Mundial dos Grandes Concursos de Vinos e Espirituosos, o canadiense Ghislain K. Laflamme, tamén asistente ao acto de proclamación dos premiados, subliñou que “é moi difícil atopar viños de tanta calidade en outros países; teñen unha personalidade moi especial e unha altísima calidade”.

Esta opinión tamén quedou respaldada polo responsable do Área de Nutrición e Bromatología da Facultad de Farmacia da Universidad de Sevilla, Francisco J. Heredia, afirmando que “o nivel dos viños presentados, incluídos todos os que non se premiaron, é extraordinariamente alto”. Heredia sinalou asimesmo que “o índice de aproximación dos catadores foi extremadamente alto, de forma que prácticamente todos aportaron datos válidos”.