Michel Alonso: sempre positifo, nunca negatifo

Programa: 
A Bancada

Miguel Alonso afirma que non pensa en que se poida escapar a fase de ascenso. Este equipo está vivo e vai pelexar por meterse entre os catro primeiros, manifestou. O corpo técnico, a directiva, os afeizoados e os xogadores, temos que ter optimismo, segundo Michel Alonso.

O Racing conta coas baixas seguras de Nano, Camí e Desenclós. Probablemente tampouco poida xogar Sanjulián, segundo indicou o tecnico este mediodia.

O Racing intentará gañar Zamora en pouco máis dunha hora, en contra do refrán medieval que fala da bravura dos habitantes da cidade castelán. O partido Zamora – Racing de Ferrol comezará o vindeiro domingo ás cinco da tarde no estadio Ruta de la Plata.