ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha publicación contemporánea da realidade gastronómica, que fala de cociña, de cociñeiros e de produto cunha visión de vangarda e rigorosidade e que quere converterse nunha referencia para profesionais e gourmets, mantendo unha visión propia pero mirando ao mundo. Por outra parte, a ferramenta web www.benbo.eu, a través do seu blog, a comunidade ou seccións como “axenda”, “actualidade” ou “protagonistas” trata de ter a diario informados aos seus usuarios sobre todo o mundo da enogastronomía. Unha escolma dos seus contidos artella un boletín dixital gratuíto. A través do
portal tamén é posible facerse subscritor da revista. Todo iso apoiado nas redes sociais, a través das que se mantén un fluxo continuo de información.
O primeiro número da publicación, de 160 páxinas conta cun destacado equipo de colaboradores, redactores e fotógrafos: Cristina Alcalá, Tomás Alonso, Luís Cividanes, Soledad Felloza, Patricia Fernández, Manuel Gago, Mercedes
González, Nacho Gil, Víctor López, Xabier Martinez, María Mosquera, Iván Nespereira, Pep Palau, Erika Silva, Miguel Ángel Vargas, Manuel Vidal e Miguel Vila, quen é o director.
O guisante bágoa e a Finca Los Cuervos, A Terra Chá, o Ribeiro Tostado, o peso da castaña, o contraste entre o cocido tradicional e as novas opcións, o márketing gastronómico, as últimas tendencias en cocktails, as tapas, establecementos onde a tortilla é referencia, a tríade café-copa-puro... son algúns dos contidos dese primeiro número da revista BenBo. A revista BenBo imprímese baixo demanda e non se atopa en quioscos ou librerías, só pode adquirirse a través do sitio web
www.benbo.eu.
A versatilidade da revista permite personalizala en revistas e artigos para aquelas empresas e institucións que o soliciten,
coma agasallo de empresa ou imaxe de marca. Está dispoñible a versión dixital da revista, a prezo reducido, en www.meubook.com