A Nosa Terra dixital tamén pecha

Programa: 
Músicas e Letras

Os medios de comunicación en galego tamén precisan sinerxias que se alimenten de xeito recíproco.A Nosa Terra saiu por primeira vez en papel o 4 de agosto de 1907. Manuel Murguía, Uxío Carré e Manuel Lugrís impulsáronno conscentes da importancia de contar con medios propios para extender a idea do galeguismo, do compromiso coa lingua e coa terra. A Nosa Terra en papel deixou de acudir á súa cita cos lectores en setembro do 2010. Un ano despois Promocións Culturais Galegas vese obrigada tamén a fechar a súa fenestra na rede.