O érvedo, alvedro ou arbutus unedo

Programa: 
Zona Verde

En Fene atopamos o érbedo en diferentes hábitats, ben cultivado cunha fin ornamental ou nado espontaneamente. Dáse en zonas de monte como en Sillobre perto do cemiterio parroquial, en Magalofes ou en Maniños onde se alza un exemplar de 8 metros de altura e 2 de diámetro no cruce do Camiño do Catalán co do Pereiro. Tamén se pode atopar en zonas axardiñadas, como no enclave do monumento ao Camiñante Descoñecido en Barallobre ou perto do edificio do economato en San Valentín. Segundo o xardiñeiro, Antón Muñiz, nas Fragas do Belelle amósanse en todo o seu apoxeo, onde destaca un exemplar sito na plataforma-mirador da Fervenza.

O érbedo ten unha variada gama de utilidades. Serve como madeira para producir carbón vexetal, para a tornería e como árbore froital e ornamental. Muñiz subliña a súa importancia ecolóxica ao tratarse dunha especie propia das fragas e do bosque atlántico.