O alcalde de Mugardos felicita ao Galicia polo ascenso de categoría

Programa: 
A Bancada

O presidente do club Domingo Martinez adiantou en Radiofusión a posibilidade de celebrar unha churrascada na data do sábado 9 de maio, coincidindo co último partido da Liga no que o Galicia recibe ao Orillamar. Deberá concretarse nos vindeiros dias, agardando pola autorización da Federación para adiantar o partido do domingo ao sábado.

 

 

O concelleiro de Urbanismo de Mugardos e ex-presidente do club Xosé Antón Bouza tamén felicitou á familia do club, trasladando igualmente os seus ánimos para a directiva, adestrador e xogadores do Val, o terceiro clasificado. “Ainda teñen posibilidades de meterse no ascenso, dependendo dos descensos das categorias superiores” sinalou Bouza.