O auxe do atletismo popular

Programa: 
A Bancada

A entidade, que xa cumpreu un ano desde a súa fundación, organiza unha sesión especial para o sábado 28 ás 11 da mañá nas pistas de atletismo de Barallobre. Contarán coa presencia do atleta Andrés Díaz e efectuarán a fotografia oficial para o patrocinador do club, a empresa Norinver. Segundo o director técnico do club, Marcelo Rodriguez Serantes, o Concello adecentará este circuito inaugurado en 1985 nas inmediacións do Instituto. Preside o Club Atletismo Fene Antonio Rodriguez García.