O Barallobre cura a súa ferida a costa do Cedeira

Programa: 
A Bancada

O Cedeira é un equipo moi dificil segundo o adestrador do Barallobre Agustín Fernández. Por iso sabe mellor a victoria lograda no campo do Ramo nesta xornada da Segunda Autonómica de fútbol. Foi un encontro cun dos equipos máis asentados da categoria, para o técnico.

 

O partido rematou co resultado S.D.Barallobre 3 Cedeira 1. A primeira parte foi bastante igualada, pero na segunda o Barallobre adiantou as liñas e chegaron os goles.