O Barallobre recibe a un dificil Galicia de Caranza

Programa: 
A Bancada

A Sociedade Deportiva Barallobre figura na actualidade na terceira posición da táboa clasificatoria con 39 puntos. O Galicia de Caranza é decimo cuarto con 18. Pero os ferroláns experimentaron unha melloría nos últimos encontrose veñen de gañarlle a domicilio ao San Sadurniño. Os do campo do Ramo non se poden permitir esbarar se queren manter a tiro de pedra ao lider, o Ortigueira. Os do Ortegal visitan a vindeira fin de semana ao San Pablo.

Tamén o domingo, o Cultural Maniños, octavo con 30 puntos, visita ao Capela, decimoséptimo con 14. O Perlío viaxará a Cariño onde se enfrontará ao equipo local.